• Especialistas en marisco galego depurado
Venda de mexillóns da Ría de Arousa

Venda de mexillóns da Ría de Arousa

O mexillón é un dos moluscos bivalvos estrela tanto polo seu valor nutricional como pola súa asequibilidade. É un dos moluscos máis filtradores, sendo capaz de bombear ou filtrar hasta 1/2 litro de auga por hora, acumulando así gran cantidade de fitoplancton e sustancias orgánicas. O Mytilus galloprovincialis, que é a súa denominación científica abunda sobre todo en augas superficiais do litoral e sublitoral.

O mexillón é rico en proteínas, calcio e minerais, sobre todo ferro, selenio e zinc. En Galicia o mexillón cultívase en explotacións flotantes, as características bateas, que abundan sobre todo na Ría de Arousa.

O procedemento é sempre o mesmo: recóllese a semente das cordas colectoras ou en bancos naturais (rocas batidas polo mar na costa), e encórdase con unha malla de nailon de forma que non se desprenda. Ao cabo dun ano obtense utilizando embarcacións mecanizadas con grúa adaptadas.

Solicite información sobre os nosos produtos ou contacte para facer un pedido.