Fases do proceso de depuración

1 O marisco chega á depuradora nun camión procedente da lonxa e é introducido en cubetas.
2 Depúrase o marisco con auga procedente do mar polo menos 24 horas e realízanse controles de calidade cada 48-72 horas.
3 Dentro das instalacións o produto é transportado de forma adecuada a través dunha cinta mecanizada.
4 A selección do produto realízase de forma manual para asegurar a perfección da súa calidade.
5 Envásase o produto.
6 Por último transpórtase en camións frigoríficos ata o mercado.