Fases do proceso de depuración

1 - O marisco chega á depuradora nun camión procedente da lonxa e é introducido en cubetas.
2 - Depúrase o marisco con auga procedente do mar polo menos 24 horas e realízanse controles de calidade cada 48-72 horas.
3 - Dentro das instalacións o produto é transportado de forma adecuada a través dunha cinta mecanizada.
4 - A selección do produto realízase de forma manual para asegurar a perfección da súa calidade.
5 - Envásase o produto.
6 - Por último transpórtase en camións frigoríficos ata o mercado.